O cometido fundamental de PANIFICADORA MENCER, S.L. é realizar as actividades de elaboración e transformación de pratos preparados e produtos de pastelaría, confeitaría, bolaría e repostaría. O noso principal obxectivo é satisfacer ao máximo cada unha das necesidades dos nosos clientes, respectando a normativa aplicable en todos os ámbitos do Sistema de Xestión.
Para conseguilo baseámonos nos seguintes principios:
- Adaptándonos ás expectativas do cliente e aos requisitos legais.
- Preocupándonos pola mellora do correcto servizo ao cliente.
- Establecendo accións específicas para incorporar hábitos de comportamento responsable nas tarefas diarias de todos os integrantes da organización, fomentando a cultura da inocuidade.
- Obtendo todos os recursos necesarios para a consecución dos resultados previstos e do produto desexado, facilitando a mellora continua.
- Considerando como colaboradores os nosos provedores e subcontratistas, buscando o beneficio mutuo para repercutir no cliente as melloras nos seus plans de calidade.
- Desenvolvendo as nosas actividades no marco da mellora continua, a través do establecemento e revisión de obxectivos e metas axeitados ao contexto da organización, co obxecto de lograr a satisfacción dos nosos clientes.
- Considerando os riscos e oportunidades relacionados coa conformidade dos nosos produtos.
- Minimizando ou reducindo na medida do posible o impacto da empresa sobre o medio ambiente, cumprindo sempre os requisitos legais.
- Asumindo a responsabilidade ética e laboral no marco da axuda aos traballadores, así como na formación e inserción laboral e a prevención de riscos laborais.
Política de Calidade · Edición 5 · Xaneiro 2023
