Política de Calidade

O cometido fundamental de PANIFICADORA MENCER, S.L. é realizar as actividades de elaboración e transformación de pratos preparados e produtos de pastelaría, confeitaría, bolaría e repostaría. O noso principal obxectivo é satisfacer ao máximo cada unha das necesidades dos nosos clientes, respectando a normativa aplicable en todos os ámbitos do Sistema de Xestión.

Para conseguilo baseámonos nos seguintes principios:

  • Adaptándonos ás expectativas do cliente e aos requisitos legais.
  • Preocupándonos pola mellora do correcto servizo ao cliente.
  • Establecendo accións específicas para incorporar hábitos de comportamento responsable nas tarefas diarias de todos os integrantes da organización, fomentando a cultura da inocuidade.
  • Obtendo todos os recursos necesarios para a consecución dos resultados previstos e do produto desexado, facilitando a mellora continua.
  • Considerando como colaboradores os nosos provedores e subcontratistas, buscando o beneficio mutuo para repercutir no cliente as melloras nos seus plans de calidade.
  • Desenvolvendo as nosas actividades no marco da mellora continua, a través do establecemento e revisión de obxectivos e metas axeitados ao contexto da organización, co obxecto de lograr a satisfacción dos nosos clientes.
  • Considerando os riscos e oportunidades relacionados coa conformidade dos nosos produtos.
  • Minimizando ou reducindo na medida do posible o impacto da empresa sobre o medio ambiente, cumprindo sempre os requisitos legais.
  • Asumindo a responsabilidade ética e laboral no marco da axuda aos traballadores, así como na formación e inserción laboral e a prevención de riscos laborais.

Política de Calidade · Edición 5 · Xaneiro 2023

logo panificadora mencer
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.